venres, 13 de decembro de 2013

Arte na fraga III: Van Gogh

OS NEN@S DE 4 ANOS D PASEAMOS NO OUTONO POLA FRAGA MÁXICA DA MAN DE VAN GOGH. QUÉ OUTRO PINTOR NOS RECOMENDADES PARA SEGUIR DESCUBRINDO ESTA FRAGA?



luns, 2 de decembro de 2013

Arte na fraga II:Klimt


Os nenos e nenas de Infantil C (3 anos) estivemos traballando ao pintor Paul Klee neste primeiro trimestre, polo que pensamos que non había mellor forma de comezar, que establecendo unha relación entre este pintor e o noso proxecto da fraga máxica.

Foi así como traballamos o coñecemento das fragas (que son, animais e especies que hai nelas…) e pensamos en facer a nosa particular fraga, pero eso sí, inspirada nas pinturas de Paul Klee.

Isto valeunos tamén para traballar as distintas cores do outono, os tamaños, ou formas básicas como os círculos e os triángulos, ao tempo que implicamos a todo o centro para que adiviñase o pintor sobre o que habíamos inspirado a nosa fraga.

Aquí vos amosamos unhas fotos da nosa fraga. Nós pensamos que quedou ben bonita!.

Ah!, e como no podía faltar, a nosa mascota, Becho, tamén se colou nena. Agardamos que vos guste!.
Unha fraga ben artística

Becho na fraga

venres, 29 de novembro de 2013

Arte na fraga I:Kandinsky



Os nenos e nenasde infantil A (5 anos) achegámonos ao mundo da arte e creamos unha fraga máxica chea de cor inspirándonos na pintura círculos concéntricos de Wassily  Kandinsky.

Escollemos a este pintor porque nos marabillaron as súas  formas simplificadas e , as súas cores brillantes.

Nós pintamos un fondo con tons marróns e ocres para que as cores das copas das árbores resaltaran, e o resultado foi … ESPECTACULAR!!!!


Con que outro pintor vos gustaría facer unha fraga?

martes, 19 de novembro de 2013

O Castiñeiro

Os alumnos e alumnas de Infantil estiveron elaborando este precioso mural sobre o castiñeiro despois de ter investigado sobre esta árbore e os seus froitos. O mellor veu coa celebración do magosto e a paparota de castañas!! Unha delicia de actividade.

sábado, 28 de setembro de 2013

Nacemento dun carballo: 8 meses de fotografías

Que mellor maneira para empezar este proxecto que nos levará polos camiños das fragas durante oito meses que ver este vídeo que expresa en 3 minutos a nosa intención?
Gozádeo!