venres, 29 de novembro de 2013

Arte na fraga I:Kandinsky



Os nenos e nenasde infantil A (5 anos) achegámonos ao mundo da arte e creamos unha fraga máxica chea de cor inspirándonos na pintura círculos concéntricos de Wassily  Kandinsky.

Escollemos a este pintor porque nos marabillaron as súas  formas simplificadas e , as súas cores brillantes.

Nós pintamos un fondo con tons marróns e ocres para que as cores das copas das árbores resaltaran, e o resultado foi … ESPECTACULAR!!!!


Con que outro pintor vos gustaría facer unha fraga?

martes, 19 de novembro de 2013

O Castiñeiro

Os alumnos e alumnas de Infantil estiveron elaborando este precioso mural sobre o castiñeiro despois de ter investigado sobre esta árbore e os seus froitos. O mellor veu coa celebración do magosto e a paparota de castañas!! Unha delicia de actividade.