venres, 31 de xaneiro de 2014

Nadal de Paz na fraga...


^Por nadal os alumnos e alumnas de primaria realizaron esta enorme árbore, que adorna a parede do fondo da zona de primaria, e, onde, o día da Paz, fixeron o seu niño unha boa bandada de pombas.

sábado, 18 de xaneiro de 2014

Roteiro do Bosque Animado

Despois de ter lido nos clubs de lectura "O bosque animado" de Wenceslao Fernández Flórez e visto as pelis, por fin visitamos a casa-museo do autor.

mércores, 15 de xaneiro de 2014

Pedro e o lobo de Sergéi Prokófiev


Boas noites, bufo!



Kalandraka acaba de  editar esta interesante novidade para os que andamos a voltas coa fraga máxica do noso PDI. Os animais do bosque do bosque son os protagonistas : abellas, corvos, estorniños, pombas... todos incordian o sono do bufo. Un conto acumulativo e repleto de sonoridades, que reúne unha boa representación da fauna do bosque, onde este sabio paxaro é o rei da noite.
Dpto. de Galego de Secundaria