luns, 31 de marzo de 2014

A Nogueira







Este traballo tan completo como  apetitoso foi elaborado polos alumnos/as do terceiro ciclo de primaria. Parabéns!!!

As árbores da liberdade... en Francia

Despois do triunfo da Revolución Francesa e, a imitación dos postes da liberdade americanos, por moitas prazas de vilas francesas estendeuse a costume de plantar unha árbore en comemoración deste feito. Dende 1789 ata 1791 o carballo foi o máis habitual; a partires desta época preferiuse o álamo.
Os denominados "árbores da liberdade" simbolizan a vida, a forza, o crecemento e o poder.
Os árbores da liberdade son hoxe símbolos da República Francesa, no mesmo senso que Marianne e outros símbolos.
Dende o 2002 acuñáronse nas moedas de 1 e 2 euros.
Este curso, na viaxe que fixemos a Francia, tivemos ocasión de coñecer unha destas árbores: o carballo da liberdade de Miranda (Gers). Aquí o podedes ver:


Tronco e ramas de tinta


Os alumnos e alumnas de 5º A e B fixeron correr ríos de tinta co seu sopro máxico e istes convertíronse en árbores multicores dignos da Historia Interminable de Ende.

venres, 28 de marzo de 2014

Unha morea de cereixas!

O noso traballo foi sobre a cerdeira.

e non dubidamos en meternos no papel de cereixas para saber o que se sinte....

Estudamos as características desta árbore.


Os sitios máis comúns en España...
E tamén as cerdeiras en Xapón

aquí podedes ver cómo varía a árbore ao longo do ano.

Pero non hai nada como unha boa receita para convencer...


venres, 21 de marzo de 2014

Voces de Primaveira de Johann Strauss


A primaveira de Vivaldi


A consagración da primaveira de Igor Stravinski


Día da Árbore e a Poesía

Para celebrar o día da árbore e a poesía, xuntamos as dúas celebracións nunha cunha árbore moi especial que elaboramos os alumnos de 3º B de ESO, e do que penden estractos de poemas de poetas galegos nos que cantan ós árbores. 

Tedes a Novoneyra, Aviés de Taramancos, Cunqueiro e outros.


Tamén fixemos este mapa de Galicia que recolle distintos topónimos con orixe nas nosas árbores autóctonas. 
E recordamos a figura do Padre Sobreira cunha biografía que podedes ver no poster inferior.

21 de marzo: Día da Árbore


No día da árbore, na sala de profesores colocamos de novo unha exposición con material da biblioteca, para engadir as últimas novidades en material de consulta para a realización do presente PDI.

mércores, 5 de marzo de 2014

O Carballo



Ó longo do mes de febreiro @s alumn@s do primeiro ciclo de primaria estivemos traballando o carballo.
Dende o equipo de normalización lingüística propúxose que cada ciclo traballase unha árbore propia da nosa comunidade.
O primeiro que fixemos foi ler en formato dixital, utilizando a pizarra dixital, información sobre esta árbore. Despois, fixemos unha posta en común sobre as características que recordabamos. Logo chegou á hora de repartir ó traballo, @s nen@s de primeiro colorearon follas e landras e @s nen@s de segundo escribiron algunhas características das aprendidas nas follas.
O resultado foi este mural tan chulo que amosamos aquí.