luns, 26 de maio de 2014

Ancient woodlands

If you want to find out things about Ancient Woodlands. Please click on this Interactive Book. Enjoy it!  Tell us your opinions. Don't hesitate!


domingo, 18 de maio de 2014

Buscando estrambólicos na fraga





La fôret magique de Brocéliande






Os alumnos e alumnas de francés de 3º e 4º de ESO prepararon estas traduccións sobre "La fôret de Brocéliande" para que o resto do cole poida coñecer a Merlín, Arturo, Lancelot, Ginebra ou a famosa búsqueda do Santo Grial. Próximamente pasaremos polas aulas para contarvos máis lendas....

Medindo a fraga

O xoves 15 de maio o Departamento de Matemáticas organizou unha salida pola contorna do noso colexio para realizar distintas medicións dun terreo boscoso que antigamente formaba parte da fraga que existía na zona. Sabemos que retrocedendo no tempo o suficiente case toda Galicia sería unha grande fraga, pero a pegada dos pobos vai deforestando e reordeando o terreo para as súas necesidades.


Nesta primeira foto están os grupos de 1º A e B de ESO coa roda de medición que nos emprestou o Concello de Lousame.
Nesta segunda Paco explica como se colocarían as balizas para facer as medicións e no vídeo explica tamén parte do proceso.

Non todo o terreo se prestaba para medilo directamente e cos medios anteriores, xa que o grande desnivel entre distintas zonas impedía a medición

Nalgunas partes do noso percorrido atopábamos as árbores dispostas en filas, o que demostra que estas partes foron reforestadas. Nas zonas naturais as árbores teñen unha disposición aleatoria.

As zonas que non fomos quen de medir en persoa farémolo coa axuda de ferramentas informáticas que xa vos explicaremos

No noso percorrido atopamos tamén leiras completamente limpas de vexetación e adicadas á agricultura como a que tedes aquí.

Aquí tedes unha das nosas medicións
A anécdota da tarde: Isto que vedes aquí son pistas abertas por xabaríns...nun tronco cercano da pista da dereita víase a cortiza negra a altura do lombo do xabarín que se fregou contra a árbore e deixou a súa inconfundible pegada. 

martes, 6 de maio de 2014

O bosque dos contos: "Eu conto"




Os alumnos e alumnas de 1º de ESO encheron a biblioteca de contos nos que o tema principal, ou o escenario era a fraga. Enchéronse de árbores, esquíos, paxaros, osos e tamén preocupación polo medio ambiente. A campaña "Eu conto" foi un traballo do departamento de plástica, e o resultado tivo éxito inmediato!

luns, 5 de maio de 2014

Club de lectura: "A fraga encantada"


Na derradeira -por este curso- reunión do club de lectura "A lus de San Finx" grupo "pícaros" estivemos rematando a lectura dramatizada de "A Fraga Encantada" de Xosé Vázquez Pintor.
Na foto podedes ver a curuxa e o sapoconcho ao pe dun penedo.
Que ben o pasamos, e noraboa aos nenos e nenas polo ben que len e o ben que se portan en cada reunión. Son todas e todos un magníficos lectores.