mércores, 18 de xuño de 2014

Merlin et Arthur à Brocéliande

Os alumnos e alumnas de francés de 2º de ESO tiveron a ocasión de escoitar as aventuras de Merlín, Vivianne, Morgana, Arturo, Ginebra e a mítica Excalibur acaecidas na lendaria fraga de Brocelianda. Ao finalizar a lectura achegáronse ata os corredores onde poideron ver as imaxes reais da fraga de Paimpont (Bretaña francesa) que se supón inspirou a Chrétien de Troyes e outros autores do ciclo artúrico. (Fíxolles moita graza que Merlín e Arturo estean en Francia e case ao momento seguinte en Cornualles (Inglaterra)... cousas da pequena e gran Bretaña!!
Este foi o libro no que poidemos ler as aventuras de Arturo e Merlín. Está na nosa biblioteca, por se vos animades.
 Aquí tedes a foto da famosa lagoa onde Arthur recibe a espada Excalibur que a man da Dama do Lago téndelle.
Nesta outra fotografía apréciase parte da fraga de Paimpont (Francia) da que se di que inspirou a Chrétien de Troyes para describir Brocéliande.
Nesta última, á dereita, tedes a famosa fonte de Barenton, onde Merlín atopa por primeira vez a Vivianne.
As fotografías foron feitas pola profesora de francés durante unha visita á fraga de Paimpont logo dunha actividade de formación do profesorado  no CCI de Nantes organizada pola Consellería de Educación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario