luns, 2 de decembro de 2013

Arte na fraga II:Klimt


Os nenos e nenas de Infantil C (3 anos) estivemos traballando ao pintor Paul Klee neste primeiro trimestre, polo que pensamos que non había mellor forma de comezar, que establecendo unha relación entre este pintor e o noso proxecto da fraga máxica.

Foi así como traballamos o coñecemento das fragas (que son, animais e especies que hai nelas…) e pensamos en facer a nosa particular fraga, pero eso sí, inspirada nas pinturas de Paul Klee.

Isto valeunos tamén para traballar as distintas cores do outono, os tamaños, ou formas básicas como os círculos e os triángulos, ao tempo que implicamos a todo o centro para que adiviñase o pintor sobre o que habíamos inspirado a nosa fraga.

Aquí vos amosamos unhas fotos da nosa fraga. Nós pensamos que quedou ben bonita!.

Ah!, e como no podía faltar, a nosa mascota, Becho, tamén se colou nena. Agardamos que vos guste!.
Unha fraga ben artística

Becho na fraga

1 comentario:

  1. Pois si que vos quedou ben, e encantoume coñecer a Becho! Parabéns, Susi

    ResponderEliminar