domingo, 18 de maio de 2014

Medindo a fraga

O xoves 15 de maio o Departamento de Matemáticas organizou unha salida pola contorna do noso colexio para realizar distintas medicións dun terreo boscoso que antigamente formaba parte da fraga que existía na zona. Sabemos que retrocedendo no tempo o suficiente case toda Galicia sería unha grande fraga, pero a pegada dos pobos vai deforestando e reordeando o terreo para as súas necesidades.


Nesta primeira foto están os grupos de 1º A e B de ESO coa roda de medición que nos emprestou o Concello de Lousame.
Nesta segunda Paco explica como se colocarían as balizas para facer as medicións e no vídeo explica tamén parte do proceso.

Non todo o terreo se prestaba para medilo directamente e cos medios anteriores, xa que o grande desnivel entre distintas zonas impedía a medición

Nalgunas partes do noso percorrido atopábamos as árbores dispostas en filas, o que demostra que estas partes foron reforestadas. Nas zonas naturais as árbores teñen unha disposición aleatoria.

As zonas que non fomos quen de medir en persoa farémolo coa axuda de ferramentas informáticas que xa vos explicaremos

No noso percorrido atopamos tamén leiras completamente limpas de vexetación e adicadas á agricultura como a que tedes aquí.

Aquí tedes unha das nosas medicións
A anécdota da tarde: Isto que vedes aquí son pistas abertas por xabaríns...nun tronco cercano da pista da dereita víase a cortiza negra a altura do lombo do xabarín que se fregou contra a árbore e deixou a súa inconfundible pegada. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario