luns, 31 de marzo de 2014

As árbores da liberdade... en Francia

Despois do triunfo da Revolución Francesa e, a imitación dos postes da liberdade americanos, por moitas prazas de vilas francesas estendeuse a costume de plantar unha árbore en comemoración deste feito. Dende 1789 ata 1791 o carballo foi o máis habitual; a partires desta época preferiuse o álamo.
Os denominados "árbores da liberdade" simbolizan a vida, a forza, o crecemento e o poder.
Os árbores da liberdade son hoxe símbolos da República Francesa, no mesmo senso que Marianne e outros símbolos.
Dende o 2002 acuñáronse nas moedas de 1 e 2 euros.
Este curso, na viaxe que fixemos a Francia, tivemos ocasión de coñecer unha destas árbores: o carballo da liberdade de Miranda (Gers). Aquí o podedes ver:


Ningún comentario:

Publicar un comentario