venres, 21 de marzo de 2014

Día da Árbore e a Poesía

Para celebrar o día da árbore e a poesía, xuntamos as dúas celebracións nunha cunha árbore moi especial que elaboramos os alumnos de 3º B de ESO, e do que penden estractos de poemas de poetas galegos nos que cantan ós árbores. 

Tedes a Novoneyra, Aviés de Taramancos, Cunqueiro e outros.


Tamén fixemos este mapa de Galicia que recolle distintos topónimos con orixe nas nosas árbores autóctonas. 
E recordamos a figura do Padre Sobreira cunha biografía que podedes ver no poster inferior.

Ningún comentario:

Publicar un comentario